We've updated our Terms of Use. You can review the changes here.

PM

by Grampoder

/
1.
Nacer, servir, morrer, xirar na roda ata que rompas o espiñazo e ver as cousas entre reixas, entre sombras, e pensar que todo cambia, todo xira, todo avanza ao lugar ao que pertences e logo nunca alcanzas, e mirar como fan os peixes os engados máis brillantes e as cancións que o din todo, e como esta son verdade. Nacer, servir, morrer, perder. Nacer, servir, morrer, pensar sempre en que antonte todo foi peor que onte e mellor que trasantonte e que non hai nada escrito, que o futuro está esperando e se sorrís con forza abondo acabas triunfando. “Pensa ben e acertarás”? Pensa ben e gastarás, oh, pardal aterrorizado polo espantallo liberal! Nacer, servir, morrer, perder.
2.
Eu que te erguín cada mañá cun bos días. Eu que cantei en cada festa da túa vida e da dos teus. Eu traducía o que pensabas. Eu conectaba as túas merdas coa lama. Que poido facer se para ti son unha sombra? Que poido facer se quero conseguir é que non me esquenzas? Daría calquera cousa para que non me esquenzas. Estaba despistado e descubrín que para vós xa formo parte do decorado. Que poido facer se para ti son unha sombra? Que poido facer se quero conseguir é que non me esquenzas? Daría calquera cousa para que non me esquenzas.
3.
O estanque 02:31
Estaba mirando a corrente parar. Estaba pensando “aí abaixo, que haberá?”. Estaba pensando en marchar. Estaba sentado sen pensar. Estaba pensando que non é tan interesante. Espérote no fondo do estanque. Espérote no fondo. Estaba vendo a tormenta chegar. Estaba morto, preso dun vento glacial. Estaba empezando a diluviar. Estaba tentado de acabar. Estaba seguro de que isto non hai quen o aguante. Espérote no fondo do estanque. No fondo do estanque.
4.
Cada mañá almorzan sobre a mesa sueca en Tigerland e marchan traballar en grea. Hipócritas presuntuosos que caerán. Sísifos de tres perras que van e puxan e puxan e volven arrolar de volta. Perden o tempo en choios que ninguén se explica. Gastan os cartos en merdas que lles levan a vida. Autómatas presuntuosos que caerán. Sísifos de tres perras que van e puxan e puxan e volven arrolar de volta.
5.
Hienas 04:50
Lobos! Un exército de lobos, psicópatas en chándal dispostos a matar. Hienas en traxe de domingo, intrépidos destinos con cartos de papá. Cobras! Ventrílocuos xigantes dispostos a arrincarte da zona de confort. Ratas! Miraxes de dúas patas. Se as contas non lles cadran para ti vai ser peor.
6.
Querer poder 03:32
Querer poder, poder querer, saber o que queres: esas cousas nunca máis as vas facer. Deixar de ver, durmir de pé, deitarse ás 10 AM: esas cousas nunca máis as vas facer. Saber volver, retroceder, recoñecer o rastro de saída: esas cousas nunca máis as vas facer.
7.
Xa 03:23
Xa, agora, veña, xa! Que é mellor estar en calquera lugar, mellor que neste perdendo o tempo, perdendo segundos que son diñeiro mentres podes estar en calquera outro lado vivindo a vida, unha vida de catálogo, un filtro dourado na túa vida soñada de mañás perfectas mentres ti estás en calquera outro lugar. Di, opina, comenta, fala, fala, fala, nunca escoites nada, para que escoitar? Non hai nada que oír, nada que escoitar. É mellor dicir, é mellor falar dun día de furia nas Cancelas, un día de furia queimando tarxeta. Apura, corre ou non vas chegar. Van pechar as tendas e ti vas ter que quedar en calquera outro lugar. Xa, agora, veña, xa! Que é mellor estar en calquera lugar, nun lugar perfecto, de sorrisos perfectos, de amigos perfectos e de tetas perfectas, un lugar ideal feito do material co que se tecen os soños e se fan as fortunas. Nunca apagues as luces, non deixes de actuar porque vas atopar que estás en calquera outro lugar. É mellor estar en calquera outra parte, en calquera lugar.
8.
Alguén recollerá os teus ósos da area un verán e entón descubrirán que brillaban de noite máis que a lúa e dedicaranche un día, e ti cagaraste na mai que os fixo e desexarás mandalos ata o infinito e máis alá.
9.
Horizonte 03:29
Brillante como a prata ao sol, potente coma un destrutor. Veloz como é o soldo meu, terrible coma o deus xudeu. Arriba, arriba e máis alá! Ti e máis eu imos dobrar o horizonte e non voltar. Dereito como un varandal, horrible como horrible mal. Furioso, intransixente, fiel, imperturbable todo é. Arriba, arriba e máis alá! Ti e máis eu imos dobrar o horizonte e non voltar.
10.
PM 04:41
Unha chamada no medio na noite. Unha bisagra que renxe no cuarto do fondo. Unha sombra entrevista. Unha voz na escuridade. Unha luz no retrovisor. Unha mancha sospeitosa nun pulmón. Unha parada menos para o inferno. Unha visita incómoda. Unha vertixe que non se cura con pastillas. Un sol que queima nos ollos. Un frío que atravesa os ósos. Unha mentira coa que hai que tragar. Unha corda que rompe sobre o escenario. Unha nota que rompe un acorde. Un puño que rompe os dentes. Un vulto estraño no peito. Un mareo no cuarto de baño. Unha tremenda gana de mexar. Unha mirada que te esquiva. Un silencio que se estira. Un día que se parece ao outro. Un home que se parece a Orestes. Un abismo imaxinario. Unha onda que che rompe encima. Unha mensaxe da Caixa de Aforros. Un recordo que estaba enterrado. Unha palabra máis alta que a outra. Unha vergoña que vén do pasado. Un frenazo que che rebenta os tímpanos. Un café amargo coma o lume. Un comentario desafortunado. Unha resposta que brilla sobre a pantalla. Un idioma incomprensible. Un teléfono que nunca soa. Un teléfono que vibra, e vibra, e vibra, e vibra. Unha bañeira, un enchufe e un cable pelado. Unha mala idea que se fai boa. Un baleiro no estómago. Unha carta de Tráfico. Un discurso enlatado. Unha noticia na prensa, a mesma, outra vez. Unha mirada ao calendario. Unha mañá fronte ao espello. Un líquido que escorre polo fregadeiro. Unha pregunta tres veces, mil veces repetida: estamos sos? Estamos sos? Estamos sos? Un chiste que maldita a gracia. Unha noite que nunca acaba. Un amigo que marcha e non volve. Unha voz que se che atraganta. Unha fonte que seca. Unha auga que sabe a derrota. Unha noite de temporal. Un instante coa garda baixa. Unha lanterna amarela que baila ao final da autovía. Unha furgoneta blindada, seis tipos dentro. Unha, grande e libre.

about

'PM' é todo o que ocorre a partir da metade da xornada, cando comeza a facerse de noite e a inercia do día se fai cada vez máis difícil de corrixir. O novo disco de Grampoder contén dez cancións dominadas pola contundencia das guitarras, a enerxía das percusións e unhas letras feras e desencantadas, que tratan a perplexidade ante a velocidade do mundo, os medos, a frustración e a repulsa ante o engano ao que nos sometemos.

credits

released March 1, 2022

Gravado a finais de 2021con Jacobo Iglesias nos estudios Potemkin, en Santiago de Compostela

license

tags

about

Grampoder Santiago De Compostela, Spain

Grampoder somos Le Roi e Martin Wu. Facemos
rock portátil, pop campestre, folk psicodélico,
hardcore comeflores. Quizá nos
coñezas de aventuras como The
Homens, aínda que
o máis probable é que non // Grampoder somos Le Roi y Martin Wu. Hacemos rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. Quizá nos conozcas de aventuras como The Homens aunque lo más probable es que no.
... more

contact / help

Contact Grampoder

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Grampoder, you may also like: