Golf Whiskey

by Grampoder

supported by
/
  • Immediate download of 12-track album in the high-quality format of your choice (MP3, FLAC, and more), plus unlimited mobile access using the free Bandcamp listening app.

     €5 EUR  or more

     

1.
02:35
2.
03:29
3.
4.
5.
6.
7.
8.
01:07
9.
04:44
10.
02:40
11.
12.

about

Golf Whiskey foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) en febreiro de 2013. Masterizado por Dr. Chou. Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.

Grampoder son Martin Wu e leRoi

Programación e bases en Champagne, Helsinki e Minas de Auga por Marcos Paino

Deseño: Logoferoz
Fotos: aiGi boGa

grampoder.bandcamp.com
facebook.com/grampoder
grampoder@gmail.com
discosdamaquina.com

credits

released 16 April 2013

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist

about

Grampoder Santiago De Compostela, Spain

Grampoder somos Le Roi e Martin Wu. Facemos
rock portátil, pop campestre, folk psicodélico,
hardcore comeflores. Quizá nos
coñezas de aventuras como The
Homens, aínda que
o máis probable é que non // Grampoder somos Le Roi y Martin Wu. Hacemos rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. Quizá nos conozcas de aventuras como The Homens aunque lo más probable es que no.
... more

contact / help

Contact Grampoder

Download help

Track Name: Anisado
Anisado, sabor tan destacado a morralla do pasado
con limón. Anisete, engancha a tanta xente! Unha forma
diferente de intoxicación. Anestesia, frescura extra seca, fai
que perdas a cabeza cando les mentiras, tan fermosa cando
olvidas titulares, medias tintas en papel. Baila no abismo ao
que asomamos, móstrame a que inferno vou caer, cóntame
contos de terror, serve outro vaso de anisado e volve
convencerme que calquera tempo pasado foi mellor.
Track Name: Porcos
Porcos por terra e porcos por mar, porcos nas casas e
porcos que entran no teu portal. Porcos ao norte, porcos ao
sur, porcos no Ártico, en Kenia, en Washington e en
Estambul. Porcos no estadio, porcos no Sar, porcos
vendendo remedios para alma na Catedral. E se cres sen
máis, verás porcos voar. Se te deixases levar, veríalos
despegar. Porcos na tele e por internet, porcos na Caixa e
porcos no Banco de Santander. Porcos de día e máis no
solpor, porcos na noite que venden remedios contra a dor. E
se cres sen máis, verás porcos voar. Se te deixases levar,
veríalos despegar. Porco no espello que ves á maña, un
porco vestido de seda que en porco se quedará.
Track Name: Capitalismo (Mise en abyme)
Un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón que rouba a un ladrón. Disque as cousas son así desde a primeira revolución, que a vida é un roubo e os roubos, roubos son. Disque as cousas son así desde a primeira explosión e que un ladrón que rouba a un ladrón ten cen anos de perdón.
Track Name: Champagne
Perdemos tempo mentres eles beben champagne.
Asomámonos ao inferno mentres eles beben champagne.
Escapamos en manada mentres eles beben champagne, coma
bestas asustadas mentres eles beben champagne… e suspiramos
por que lles sente mal. Mortas de medo mentres eu bebo
champagne, ensambládesme o teléfono, mentres eu bebo
champagne. Na Zona Económica Especial, mentres eu bebo
champagne, todo o ano é inverno mentres eu bebo champagne…
e suspirades por que me sente mal.